Eventos



17-V-2003

[ Allariz ]

O Concello de Allariz tén previsto celebrar no Día das Letras unha xornada reivindicativa en favor da lingua galega. Entre os actos programados figura a proxección dun video á volta de Antón Avilés de Taramancos. Igualmente, lerase un manifesto en defensa do noso idioma que será asinado polos colectivos da vila. A xornada incluirá, ademais, a monstra de un milleiro de libros galegos, un contacontos musical e a encenación de Tres capitáns de tempos idos, do autor noiés homenaxeado este ano.


Lugar. Casa das Letras (antiga Praza de Abastos).

Información. Concellería de Cultura - Concello de Allariz.


© 2003 Biblioteca Virtual Galega