Eventos



3/4/5-IV-2003

[ Noia ]

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo organiza para os días 3, 4 e 5 de abril o Congreso Avilés de Taramancos á volta da figura do poeta noiés. O programa das xornadas contará con exposicións, intervencións de escritores, mesas redondas, coloquios, proxeccións audiovisuais e recitais poéticos.



Lugar. Casa da Cultura "Avilés de Taramancos" de Noia.

Información e inscrición. A admisión de asistentes realízase, por orde de chegada da folla de inscrición, ata o día 1 de abril; enviar por fax: 981 544 887, e-mail: cj112110@xunta.es, ou ben enchendo o formulario que aparece na páxina web da Consellería de Cultura.



© 2003 Biblioteca Virtual Galega