Eventos



13 e 17-V-2003

[ Compostela ]

A Escola Galega de Administración Pública súmase á homenaxe a Avilés de Taramancos e organiza unha mesa redonda á volta da súa vida e obra en que poderá participar o persoal das administracións públicas e calquera outra persoa interesada. O acto completarase cunha viaxe cultural o Día das Letras.



Lugar. EGAP.

Información. Para coñecer o desenvolvemento da viaxe e para todo tipo de información: Servicio de Estudios, Investigacións e Publicacións (981 546249).

Inscrición. As solicitudes —segundo o modelo oficial que se reproduce no D.O.G. do 9 de abril de 2003— irán dirixidas ao director da Escola Galega de Administración Pública (rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela) e apresentaranse antes das 10 h. do día 5 de maio no rexistro xeral da EGAP ou por calquera das formas previstas no art. 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas. Admitiranse igualmente inscricións por telefax (981 546330).


© 2003 Biblioteca Virtual Galega