Eventos



17-V-2003

[ Noia ]

Para alén dos actos oficiais que a Real Academia Galega vai realizar en Noia con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, a vila acollerá outros eventos organizados polo Concello, entre os que figuran unha ofrenda floral no cemiterio de Boa —onde descansan os restos de Avilés de Taramancos— e un concerto de Luar na Lubre en que se incluirá un recital poético en honor do escritor homenaxeado.



Lugar. Cimeterio de Boa - Alameda.

Hora. Ofrenda floral: 19 h. Concerto-recital poético: 22.30 h.


© 2003 Biblioteca Virtual Galega