Eventos



8-V-2003

[ Compostela ]



Dentro dos actos de homenaxe a Antón Avilés, o Consello da Cultura Galega acollerá o 8 de maio a apresentación de Cantos Caucanos, obra inspirada no libro homónimo do poeta de Noia coa que regresa aos palcos Rodrigo Romaní, amigo e paisano de Avilés. Un dos cortes do disco recupera —dunha gravación realizada en Cali— a voz do poeta recitando unha das súas composicións, voz que nesta ocasión é acompañada pola Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Maximino Zumalave.

Após esta apresentacilón, Rodrigo Romaní levará o seu disco á Serra de Outes (12 e 13 de maio), a Vigo (14), Compostela (16) e, por último, Lugo (17).






Lugar. Consello da Cultura Galega. Pazo de Raxoi (Praza do Obradoiro).


© 2003 Biblioteca Virtual Galega