Eventos



16-V-2003

[ Noia ]

Edicións Xerais de Galicia apresenta na Casa de Cultura de Noia cinco libros, ora da autoría de Antón Avilés de Taramancos, ora á volta da súa figura. Trátase da reedición de Nova crónica das Indias e Cantos caucanos; Tres capitáns de tempos idos, única peza dramática do autor —inédita ata este ano—; un estudio sobre a obra e a vida do poeta noiés e unha fotobiografía. No acto estarán presentes Manuel Bragado, director editorial, e os autores Dolores Arxóns, Xosé Lois Agrelo, Xavier Castro, Pilar Sampedro e Salvador García Bodaño, ademais de Santiago Avilés, fillo do poeta.

Hora. 20.30 h.

Lugar. Casa da Cultura.


© 2003 Biblioteca Virtual Galega