Álvaro Cunqueiro


«[…] O certo é que Cunqueiro era de xesto entrañável, falangueiro, bon vivant, e, máis que nada, un contador de histórias ou de soños que nos enguedellaba no café até altas horas do serán, e era a sua tertúlia un chiscar-lle o ollo a tanta palabra formal para entrar no mundo da fábula e do coñecimento popular. Tamén eran as larpeiradas, que ao seu carón collian un tinte épico. […]
O poeta era sempre de corazón noviño. Emanaba a poesia a cada intre. Ainda agora cando recordo a sua man escrebindo, posto sobre do mármore das mesas do café, sinto un tremor como de algo máxico, dunha faísca que se estaba a criar nese momento para a eternidade.
O que máis gardo del é, nembargantes, aquel saúdo aberto na entrada da Real ou dos Cantóns: "Ergueitos no camiño".»

«Álvaro Cunqueiro»,
Barbanza nº34,
1ª-07-1989


© 2003 Biblioteca Virtual Galega