O oficio de escritor


«[…] O escritor é pois, nun país a percura de si mesmo, a conciéncia, garda e antemural de todo o que nos é íntimo e verdadeiramente universal. […]
Ser escritor en Galicia leva consigo non só a disciplina das letras e o desvelar recantos de fermosura e de ética, senón tamen a disciplina das armas. […]»

«Ser escritor»,
1989




«O escritor pode ser a conciéncia dun povo que disfrute a plenitude das suas faculdades. Mas cando ese povo é sometido secularmente, cando anda atoutiñando para sair da escuridade é, ademáis da conciéncia, unha ascua de luz que se alcende no rescaldo ancestral onde as sinais próprias están limpas e se poden facer brillar diante dos ollos da memória, para revivir con ardentia o afán que o impulsa e xustifica. […]»

«Criación Literária e compromiso social»,
Barbanza. Especial "San Marcos 88"
Abril de 1988


© 2003 Biblioteca Virtual Galega