Otero Pedrayo



«A primeira impresión que se tiña de Don Ramón era a dun home de ben. A segunda, xa con trato algo máis fondo, era a dun home sábio. A cultura humanista que afloraba na verba e na escrita, era como un rio sinxelo e claro que logo se converte en amplo esteiro de desembocadura que tropeza coa infinidade do mar. […]
Mais a grande condición de Don Ramón Otero Pedrayo era a sua atención á xuventude. Non houbo ninguén da miña xerazón, mozos daquela imberbes e atoutiñantes, que non tivera a sua palavra de alento, que non fora partícipe da sua grande esperanza na Galiza futura, que non compartira a sua mesa, a sua sabiduria de parolas informais que abrian as fiestras do mundo.»

«A alta sombra de Don Ramón»,
Barbanza nº7,
2ª-05-1988


© 2003 Biblioteca Virtual Galega