Urbano Lugrís



«[…] Ninguén amaba os recantos máis íntimos e auténticos da cidade como os amaba Urbano Lugrís. Era aterrecedor o seu coñecimento, pedra por pedra, etapa por etapa da história e da vida daquel conxunto ledo e acolledor que era a Coruña, os seus feitos e as suas xentes significadas e máis as insignificantes personaxes que coma o Funga —que vivia nunha caldeira de vapor abandoada, e ainda alugaba un anaco a outro mendicante— andaban e deambulaban fantasmais e vivos desde a Dársena a Riazor ou desde Monelos ao Parrote. […]»

«A contraluz. Urbano Lugrís»,
Barbanza nº 31,
2ª-05-1989


© 2003 Biblioteca Virtual Galega