Eventos



2004

[ Galiza ]

A Consellaría de Cultura acordou declarar o 2004 ano de Xaquín Lorenzo Fernández «Xocas», etnógrafo, arqueólogo e investigador ao que este ano dedica a RAG o Día das Letras.

Con este motivo, a Xunta acuñará unha imaxe conmemorativa de trescentos exemplares numerados, coa que quer rendir tributo ao galeguista ourensán.

© 2004 Biblioteca Virtual Galega