Eventos



2/29-V-2004

[
Cabana ]

A Concellaría de Cultura do Concello de Cabana organiza durante o mes de Maio diferentes actos de celebración do Día das Letras. Os eventos comezarán o domingo 2 de Maio cun percorrido pola parroquia de Borneiro, onde Xocas participou nas excavacións do castro da Cidá. O mesmo día, terá lugar a apresentación da obra de Ángel Eiroa Notas etnográficas da parroquia de Borneiro. A xornada concluirá coa actuación do grupo folk Ruote que interpretará cantigas da zona recollidas polo propio Xocas na década de 40.
Ás 17:00 horas do día 5, no salón de Actos do CPI As Revoltas, Clodio González Pérez ditará a conferencia intitulada Unha vida dedicada á Nosa Cultura.
Os actos principais desenvolveranse o 16 de Maio, víspera do Día das Letras, actos que terán como colofón un concerto en que participará, entre outros, Mercedes Peón.


Lugar. Concello de Cabana.

Información. 981 754020 / 981 754230 / 981 754257.

© 2004 Biblioteca Virtual Galega