Eventos



17-V-2004

[
Ourense ]

Ourense é o lugar elexido para conmemorar o Día das Letras o 17 de Maio, en homenaxe a  Xaquín Lorenzo Fernández «Xocas», segundo confirmou o presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, e o alcalde da cidade, Manuel Cabezas.
Os actos comezarán cunha recepción no Concello de Ourense, para continuar coa sesión extraordinaria e pública da Real Academia Galega no Paraninfo do Instituto Ramón Otero Pedrayo desta cidade. No percurso da sesión intervirá a Coral De Ruada.


Lugar. Paraninfo I.E.S. Ramón Otero Pedrayo (P. Feijoo 12, Ourense).

Información. I.E.S. Ramón Otero Pedrayo. 988 220247.

© 2004 Biblioteca Virtual Galega