Eventos



V-2004

[
Ourense ]

A Fundación Caixa Galicia homenaxea, no seu centro de Ourense, a Xaquín Lorenzo «Xocas». Con este motivo, organiza unha exposición na Aula Sociocultural, coordenada por Xosé Arturo Fernández —discípulo de Xocas—, que inclúe diferente material etnográfico orixinal ou reproducións do mesmo. A exposición permanecerá aberta desde o luns 3 ao xoves 27 de Maio en horario de 17:00 a 21:00 horas.
Para alén da exposición, a Fundación organiza dúas conferencias, que se celebrarán na Aula ás 20:00 horas. A primeira,  Nas orixes do cristianismo. Xaquín Lorenzo e o monumento soterrado de Augas Santas. Coincidencias e diferenzas, estará a cargo de Antonio Rodríguez Colmenero e terá lugar o 4 de Maio. O martes 18, Pedro Llano falará sobre Arquitectura anónima como referente dun novo futuro.


Lugar. Aula Sociocultural Caixa Galicia (Ourense).

Información. Fundación Caixa Galicia.

© 2004 Biblioteca Virtual Galega