Eventos



30-I-2004

[
Ourense ]

O Pleno da Corporación Provincial de Ourense reuniuse en sesión ordinaria o 30 de Xaneiro de 2004 no salón de sesións do Pazo Provincial da Deputación, sob a presidencia de D. José Luís Baltar Pumar, presidente da Deputación. Na reunión, a comisión informativa de Patrimonio, Goberno e Réxime Interior propuxo por unanimidade modificar a denominación de Escola Provincial de Danzas. Desde ese momento a institución tomou o nome de "Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo Fernández", conforme a un informe remitido pola directora do centro.

© 2004 Biblioteca Virtual Galega