Eventos



10-V-2004

[
Vigo ]

O Clube Faro de Vigo organiza unha mesa redonda sob o título Xocas e o seu compromiso con Galicia. O acto terá lugar no Paraninfo do Reitorado da Universidade de Vigo, ás 20:00 horas, e contará coa participación de Xosé Ramón Barreiro, presidente da Real Academia Galega, Xosé Manuel González, etnógrafo e catedrático no Instituto Rosalía de Castro en Santiago, e Marcos Valcárcel, historiador e autor dunha recente biografía de Xaquín Lorenzo. Exercerá como moderador Manuel Bragado, director de Edicións Xerais de Galicia.


Lugar. Paraninfo do Reitorado da Universidade de Vigo (R/Areal, 4).

Hora.
20:00 h

Información. Clube Faro de Vigo (Colón, 30). 986 434900.

© 2004 Biblioteca Virtual Galega