Eventos



8/20-V-2004

[
Cee ]

O Concello de Cee organiza unha serie de eventos para conmemorar o Día das Letras adicado neste ano a Xaquín Lorenzo «Xocas». O actos comezan o sábado 8 de Maio coa representación por parte de Producións Librescena d'As obras completas de William Shakespeare (abreviadas) ás 21:00 horas. Para continuar, o venres 14 proxéctase o documental dirixido aos alumnos de primaria  A aldea, o antigo e o novo, guiada polo técnico Vítor Castiñeira e a colaboración do Centro Galego das Artes da Imaxe. O domingo 16 inaugúrase unha exposición onde se poden observar os traballos apresentados ao concurso de fotografías e pintura, convocado pola Delegación de Cultura e Deporte. Ese mesmo día, ás 21:00 horas, Teatro do Atlántico encena a obra Ecos e voces dun tempo e dun país. O día 17 a Banda da Escola de Música Municipal de Cee ofrece un concerto acompañada polo Orfeón Ceense. Así mesmo un día despois entreganse os premios do concurso do achegamento ao libro que organiza a Biblioteca Municipal e esa noite a formación Campo de Estrelas dará un concerto de música clásica. Para concluir, o xoves 20, vólvese a proxectar o documental sobre a aldea e o sábado 29, cerrando os actos, Teatro do Morcego pon en escea O caso da rúa Lourcine.



Lugar. Salón de actos do Concello de Cee.

Información.  981 745 100 (Concello).

© 2004 Biblioteca Virtual Galega