Eventos



17-V-2004

[
Vilaboa ]

A Asociación Cultural Barqueiro da localidade de Vilaboa (Pontevedra) convoca un Concurso de Redacción e un Concurso de Debuxo en conmemoración da figura de Xaquín Lorenzo Fernández «Xocas», ao que poden concorrer todos os rapaces e rapazas dos colexios do Concello de Vilaboa. Os traballos recolleranse nos centros antes do Día das Letras para se expor na Casa da Cultura de Riomaior. A entrega de premios levarase a cabo o citado día 17 de Maio, nunha gala en que se entregarán lotes de libros aos diferentes gañadores e se encenará un espectáculo teatral. 



Lugar. Casa da Cultura de Riomaior (San Adrián de Cobres - Vilaboa - Pontevedra).

Hora. 19:00 horas.

Información. 653 684089 (Eduardo). E-mail: acbarqueiro@lycos.es.

© 2004 Biblioteca Virtual Galega