Eventos



1-3-IV-2004

[
Ourense ]

O Decanato de Historia de Ourense organiza un curso en Homenaxe a Xaquín Lorenzo «Xocas» a celebrar os días 1, 2 e 3 de Abril. Este curso intitúlase «Intervencións arqueolóxicas recentes en Galicia, vinculadas a Universidades e Museos». Impártese no Pazo Museo Otero Pedrayo e está dirixido polo Decanato da Facultade de Humanidades do campus de Ourense, dependente da Universidade de Vigo.


Cota de Inscripción. 35 euros para estudantes da Universidade e desempregados e 70 para o resto de solicitantes.

Prazo. Até o 28 de Marzo.

Lugar. Pazo Museo Otero Pedrayo. (Cima de Vila - Trasalba - Amoeiro)

Información
. Facultade de Humanidades (Campus Universitario As Lagoas - Ourense. Teléfono 988 387100). 

© 2004 Biblioteca Virtual Galega