Eventos



27-IV/13-V-2004

[
Santiago de Compostela ]

O Centro Galego de Artes da Imaxe e o Museo do Pobo Galego organizan, nas instalacións deste último, unha exposición fotográfica e cinematográfica entre os días 27 de Abril e 13 de Maio intitulada O carro e o home. O cine de Antonio Román e Xaquín Lorenzo. A exposición mostra fotografías vangardistas xunto con outras puramente etnográficas, focando a imaxe do carro e do home, realizadas polo propio Xocas ou por outros personaxes como José Suárez, Augusto Pacheco ou Carlos Velo. O núcleo principal da exposición é a proxección da película documental O carro e o home que filmou o homenaxeado coa axuda de Antonio Román en 1940. O material exposto forma parte da colección do Museo do Pobo Galego e do CGAI e de aportación particulares.



Lugar. Museo do Pobo Galego (San Domingos de Bonaval, 2)

Horarios.
  De Terza a Sábado de 10 -14 e 16 -20 horas.
                Domingos e feriados de 11 -14 horas.

Información. Museo do Pobo Galego 981 583 620. 

© 2004 Biblioteca Virtual Galega