Eventos



14-V-2004

[
Ponferrada ]

A Asociación Cultural Fala Ceibe organiza una serie de actos para conmemorar o Día das Letras. Estes comezarán o venres 14 de Maio na Casa da Cultura do Concello de Ponferrada cunha proxección de transparencias sobre a cultura galega. O domingo 16 a partir das 11:00 horas realizarase un coloquio na radio local, Onda Bierzo (101.6 FM), coa presenza de membros da comunidade escolar galega no Berzo. Finalmente o Día das Letras no edificio da Obra social de Caja España faranse dúas proxeccións cinematográficas, ás 10:30 unha longametraxe infantil, e á tarde as curtametraxes O prezo da dote e Vida e obra de A. Avilés de Taramancos de Chus Domínguez.
Fala Ceibe aceita as diferentes propostas dos mestres de galego dos centros e anímaos a aproveitaren esta celebración para potenciar o galego nesta comarca.

Lugar. Casa da Cultura. Concello de Ponferrada.
            Edificio Obra Social Caja España.

Información. Asociación Cultural Fala Ceibe 655 140651.

© 2004 Biblioteca Virtual Galega