Eventos



V-2004

[
Galiza ]

As Consellarías de Educación e Cultura elaboran una serie de materiais didácticos intitulados A memoria das cousas para achergar aos estudantes a figura de Xaquín Lorenzo «Xocas», homeaxeado no Día das Letras o 17 de Maio. Os material editado inclúe un video, un CD-Rom, exposicións e unidades didácticas para ensinanza primaria e secundaria.
Tamén se publican —en colaboración coa Federación de Libreiros de Galiza— dúas obras que se oferecerán como agasallo nas librarías ao mercarmos un libro en lingua galega: Catro contos para unha data e Escolma do Día das Letras Galegas (1963-2004). De Rosalía a Xaquín Lorenzo.

© 2004 Biblioteca Virtual Galega