Eventos



22-III-2004

[ Cercedo ]

O luns 22 de Marzo ás 11:30 no Concello de Ourense apreséntase a obra Xoaquín Lorenzo. Vida e obra, de Marcos Valcárcel, editada por Edicións Xerais de Galicia, coa presenza do alcalde de Ourense, Manuel Cabezas Enríquez, o director xeral da editorial, Manuel Bragado Rodríguez, e o propio autor. Trátase dunha biografía que se centra por un lado nos seus estudos etnográficos e arqueolóxicos, os seus traballos culturais ou sobre a lingua galega. E por outro lado, visa recoller a personalidade de Xaquín Lorenzo «Xocas», destacando o seu pensamento galeguista. Para a realización da obra o autor invertiu perto de seis meses en recadar os datos precisos para achegar máis a figura do homenaxado no Día das Letras Galegas 2004 ao gran público.




Lugar. Concello de Ourense.
(Praza Maior, 1. Ourense).

Hora. 11.30 h.

Información. Edicións Xerais. 986 214888 / 214880.
                     Concello de Ourense. 988 388100.

© 2004 Biblioteca Virtual Galega