A alimentación


     «Fácilmente se enxerga que, estando a alimentación cinguida ós produtos da terra, tén que variar duns sitios a outros, non podendo ser igual o xantar do home da mariña que o do interior, nin o do val coma o da montana. Non embargantes, a mesma unidade xeográfica da nosa Terra dá un caracter común, que permete difrenciala doutras, á alimentación dos poboadores da Galiza.»

«A mantenza», en Os Oficios, pp. 289-290.




     «Ó falar dos cultivos dise que son tres os graus que eiquí temos pra faguer pan: o millo, que é o máis corrente, o centeo, propio das comarcas outas, e o trigo, de producción moi limitada, sendo os fundamentás os dous primeiros.»

«O pan», en Os Oficios, p. 290.




     «Normalmente, o campesiño fai no día tres comidas: almorzo, xantar e cea, mais nos tempos de traballo, especialmente no vran, engade outras dúas: a parva e a merenda.»

«Comidas», en Os Oficios, p. 310.



     «O elemento fundamental do xantar é o caldo, comido en cunca, que uns consomen ó comenzo e outros ó remate do xantar. Polo xeral tómase con pan de millo migado nil.
     O caldo faise nun pote grande de ferro, que se enche de auga e na que se botan fabas; fáiselle lume e tense a ferver durante hora e meia; ó comenzar a ferver, engádeselle unto de porco; pasada a hora e meia, engádenselle, nabizas, nabos, grelos, xudías e berza galega, ben lavadas e pitadas; no mesmo intre pónselle tamén patacas en anacos miudos e bótaselle o sal que precise. Son moitos os que o espesan esmigallando algunhas patacas e xudías co unto cando están ben cocidas ou engadíndolle unha presa de fariña milla.»

«O caldo», en Os Oficios, pp. 312-313.



     «Base de todo xantar na Galiza, compremento de tódolos pratos, e, ás veces, sustitutivo do pan, son as patacas. Non embargantes, é un alimento novo, que moi aixiña se popularizóu e que, se dúbida, ven ocupal-o posto doutro ou doutros, seguramente dos nabos e das castañas.»

«Patacas», en Os Oficios, pp. 322.

© 2004 Biblioteca Virtual Galega