Florentino Cuevillas


     Cuevillas, que era un caso un tanto inaudito de farmacéutico, empregado de facenda e dedicado á prehistória, tres cousas que ver nengunha coa outra, pero así era Cuevillas, dedicou-se a traballar na prehistória, a sistematizá-la. É o gran historiador de Galiza.
     [...]
     Eles querian sacar de min todo o que pudesen no terreno científico e desde o primeiro instante elevaron-me á mesma categoria que eles.
     Esto pasou-me moito con Risco e con Otero. Lembro cando ingresei na Universidade. Un dia cheguei a casa de Cuevillas e este me dixo:
     —«Home, Xocas, chega vostede a tempo. Teño aqui un artigo para unha revista e quero que o vexa vostede; a ver que lle parece?»
     Vostede comprenderá o que me ía parecer a min. Un alumno que se preparaba para ingresar na Universidade! Que podia pensar eu sobre un artigo científico escrito por Cuevillas?
     Pero eu daba-me conta de por que o facian. Era para obrigar-me a opinar, e para opinar tiña que traballar e preparar-me. Esto pasaba-me tamén con Risco e con Otero.
   



«Xaquín Lorenzo "Xocas"», Entrevista de Lino Braxe,
en A sombra imensa de Otero Pedrayo (Extra de A Nosa Terra nº 8
),
Maio 1987, Vigo, pp. 5-9.

© 2004 Biblioteca Virtual Galega