O camiño


     «Os campesiños de Galicia teñen máis dor da súa facenda ca de si mesmos; de ahí, e trátase dun fenómeno xeral nos pobos pastores, que os mellores camiños son os feitos con intención de dar paso ó gado.
     Cando un campesiño vai a algures, aproveita, como é lóxico, o camiño; mais se este dá algún rodeo, axiña o deixa e bota polo monte en procura de atallar; indo co seu gado, non o fai endexamais, senón que segue por onde lle sexa ó gado máis xeitoso o camiño.»

«O camiño», en A Terra, p. 291.




     «O nome de camiño é o mesmo có de vieiro; pódense aplicar indistintamente, o mesmo que ocorre con verea, no que é preciso advertir que non ten o mesmo significado có castelán vereda. Os nomes de Camiño, Vieiro e Verea vense aplicados a moitos lugares.»

«O camiño», en A Terra, p. 293.




     «A estrada trouxo ó noso campo os modos de vivir da cidade, a través da vila, e marcou nas casas un sinal característico que lles deu un aspecto híbrido, mistura do campo »

«A casa actual», en A Casa, p. 113.

© 2004 Biblioteca Virtual Galega