Eventos



2005

[ Galiza ]

A Consellaría de Cultura acordou declarar o 2005 ano Lorenzo Varela, motivo polo que conmina as institucións públicas, centros de ensino, asociacións e bibliotecas do país a sumarse á homenaxe ao escritor ao que a Real Academia Galega dedica o Día das Letras. Con esta intención, o Goberno Galego decidiu acuñar trescentos exemplares numerados dunha peza conmemorativa en que se recollerá a imaxe do intelectual do exilio.

© 2005 Biblioteca Virtual Galega