Eventos



Maio 2005

[ A Coruña - Ferrol ]

A Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Comunicación da Universidade da Coruña ten programado, dentro dos actos de celebración do Día das Letras, un acto de homenaxe a Lorenzo Varela que se desenvolverá o día 13 de Maio, ás 12 horas, no salón de actos da Facultade de Ciencias de Educación, no campus de Elviña, e o 19 do mesmo mes no salón de actos do campus de Esteiro, en Ferrol. O evento contará coa participación de Xosé Luís Axeitos —que ditará a conferencia Algunhas reflexións sobre o exilio e Lorenzo Varela— e a compañía teatral Casahamlet —que encenará versos galegos de Varela nas voces de Santiago Fernández e Manuel Lourenzo, acompañados pola música orixinal de Brandam, que interpretará en directo.

© 2005 Biblioteca Virtual Galega