Eventos



17-V-2005

[ Cacabelos ]

O concello de Cacabelos ten programados unha serie de actos para o Día das Letras que teñen como obxectivo homenaxear a figura de Lorenzo Varela e reivindicar a lingua galega no Bierzo. A celebración comezará ás 13 horas coa lectura de poemas ao pé da tumba do poeta Antonio Fernández Morales —autor de Ensayos galegos en dialecto berciano (1861)— e continuará unha hora despois no Restaurante Apóstol, onde se apresentará un mapa dos territorios bercianos de fala e cultura galega da autoría de Moncho Pais e terá lugar o IV Banquete de Cacabelos

© 2005 Biblioteca Virtual Galega