Eventos



10-V-2005

[ Madrid ]

O lectorado de Galego e a sección de Filoloxía Románica da Universidade Complutense de Madrid organizan, en colaboración coa Galería Sargadelos de Madrid e a Dirección Xeral de Promoción Cultural da Xunta de Galiza, un programa de actos con motivo do Día das Letras. A celebración comezará ás 11 horas coa conferencia de Vítor F. Freixanes "Lingua e cultura galega nos desafíos do novo milenio" e continuará ás 12.30 horas coa actuación do grupo de teatro Teatroula, que porá en escena Parellas e outros problemas.


Lugar
. Salón de Graos e Paraninfo da Facultade de Filoloxía (predio A), na Cidade Universitaria (Madrid).

© 2005 Biblioteca Virtual Galega