Eventos



28/30-IV-2005 

[ Monterroso ]





Unha vintena de ponentes analisarán a figura e a obra de Lorenzo Varela nun Congreso que terá lugar na Casa da Cultura de Monterroso os días 28, 29 e 30 de Abril. O encontro, organizado pola Consellaría de Cultura dentro dos actos de homenaxe á figura central do Día das Letras 2005, sera inaugurado ás 16.30 horas do día 28 por Xesús Alonso Montero, que ditara a conferencia O 25 de agosto de 1944, o poeta republicano galego Lorenzo Varela, exiliado en Buenos Aires, chanta a bandeira das esperanzas nas rúas de París e nun monte de Monterroso. A seguir, Carlos López disertará sobre a arte na produción de Varela e Pablo Quintá fará outro tanto sobre o seu labor poético. O día 29 intervirán Xosé Ramón López, cunha ponencia sobre a obra ensaística de Lorenzo Varela no exilio, e Daniel Salgado, Xosé Antonio Ponte Far e Carme Blanco, que disertarán respectivamente sobre Correo Literario, A tertulia do café Tortoni e Mulleres memorables na poesía de Lorenzo Varela. Na tarde dese día, tocaralles o turno a David Otero (Na esperanza de mans non cegas), Fernando Salgado (De mar a mar: entre o berce e o exilio) e Xosé Luis Axeitos (Lorenzo Varela no exilio). A sesión vespertina concluirá cunha mesa redonda en que tomarán parte Isaac Día Pardo, Neira Vilas, Inés Canosa e Fernando Scornik. A última xornada do Concreso contará coa participación de Alfonso Vázquez Monxardín, Xosé Ramón Brea, Gregorio Ferreiro e Xosé Anxo García.



Programa completo en pdf. Páxina oficial.

Inscrición. Páxina web do Congreso.

Información. 981 544882 / 981 957023.

© 2005 Biblioteca Virtual Galega