Eventos



17-V-2005

[ A Coruña ]

A Asociación de Veciños da Cidade Vella - María Pita preparou para o Día das Letras a segunda edición dun percorrido popular polas rúas do barrio en que se lembran os ilustres artistas e galeguistas que moraron na Cidade Vella coruñesa. O acto, organizado en colaboración coa Real Academia Galega e o Concello da Coruña e ao que están convidados todos os cidadáns que quixeren tomar parte, contará coa participación de diversos representantes da cultura galega.



Hora. A partir das 11.45.

Lugar. Partirase da praza de María Pita

© 2005 Biblioteca Virtual Galega