Eventos



14-V-2005

[ Compostela ]

A Associaçom Cultural A Gentalha do Pichel organiza a segunda edición da "Festa do Dezassete (que se fai o 14)" para celebrar o Día das Letras. Entre os actos programados figuran o teatro (ás 17 horas encenará a súa montaxe o Grupo de Teatro Feminista da Assembleia de Mulheres do Local Social A Esmorga), a música (A Quadrilha da Morala, o Grupo de Gaitas de Brincadeira e A Requinta da Laxeira amenizarán a festa desde as 18 horas) e unha foliada (en que participarán Quarteto da Gentalha, Os Estalotes e Baralhete). Porén, o acto central da Festa terá lugar a partir das 20 horas, momento en que dará comeza o "Concerto pola Língua", con actuacións musicais dos grupos Os Tres Trebóns, Skacha e Lamatumbá.




Hora.
A partir das 17 horas.

Lugar
. Praza de Mazarelos.

© 2005 Biblioteca Virtual Galega