Eventos



21-IV-2005

[ Barcelona ]

A Galería de Sargadelos de Barcelona ten previsto celebrar unha táboa redonda sobre Lorenzo Varela. O acto, programado para o día 21 de Abril, quinta feira, ás 19.30 horas, contará coa participación de Fernando Salgado, Isaac Díaz Pardo e José Ramón López e nel se apresentarán dúas novidades editoriais que teñen como protagonista ao homenaxeado no Día das Letras 2005: Lorenzo Varela: A voz desterrada, de Fernando Salgado, e a compilación de correspondencia Vinte e nove cartas de Lorenzo Varela, ambos volumes publicados por Ediciós do Castro.

© 2005 Biblioteca Virtual Galega