A lingua


     Si nos fixamos un pouco na historia e desenvolvemento da nosa fala, que ven á ser a historia da literatura e pol-o mesmo a medida da sabidencia do pobo, comprendemos sin moito traballo, que nunca logrou mais importanza a nosa terra que nos tempos en que o gallego era lingua literaria e vulgare no oucidente da Iberia.
     Por razós que non son d'este lugar, a fala céltico-galaica volveu á encollerse ô curruncho onde fora enxendrada; e mais tarde caéu en tal decadenza que solo a usaban os labregos y-a xente probe das vilas.
     A nosa decadenza foi súpeta. Os poetas gallegos, que podían atopar a verdadeira inspiración na lingua gallega, que tan en caráuter se hacha c'o noso xenio, traballaban na de Castilla facéndose poucas veces notabres.
     Este sigro, en que alborexan todal-as rexeneracios, fixo que os pobos volvesen o carís ô pasado, e, sin detrimento da axuntanza da nación, ollasen pol-a sua vida, pol-as tradiciós, pol-a lingua, por todo o que lles ê propio, e pol-o mesmo, mais fácile pra camiñar pol-o carreiro que o progreso lles asinalaba.
     Galicia non foi xorda á este movimento. Tivo fillos antusiastas que procuraron erguer a fala da deixadés en que se tiña. Eles, traballando sin agardar ningun pago, sinon c'o desinterés de verdaeiros petrucios; eles, desenterrando do pasado as nosas tradiciós, e cantando as nosas mágoas, e falándonos de rexeneraciós e de libertades sempre cobizadas, fixéronnos amar ese verbe divino con que nosas mais nos arrolaron, no que se refrexa o noso xenio, no que se sinte as armunías dos regatos da nosa quirida Galicia.
     Rosalía Castro, Curros Enriquez, Añon, Alberto Camino, Cid Rozo, os Igresias, Pondal, y-outros mais que agora non lembro, foron os primeiros apóstoles, os primeiros rexeneradores da literatura que n-outros tempos había engayolado â Península.
     Os bós resultados non se fixeron esperar: Os gallegos collimos d'aquela ese orgulo que ven á ser decote o cimento do mais antusiasta cariño pol-a pátrea. Xa nos tiñamos en tanta estima como os catalás, y-en mais que moitas rexiós da Iberia.
     España, que hastra entonces non tivera mais que desleigamentos pra nós, puxo en Galicia a sua atención, mirándoa, sinon con medo, ô menos con respeto.

[...]


[ «A fala gallega», A Gaita Gallega, novembro de 1885. Reproducido en Soidades, A Habana, 1894. ]

© 2006 Biblioteca Virtual Galega