Letras Galegas 2007 Volver atrás |
María Mariño |
Anxo Angueira |
|||
Verba que comenza |
Fragmento do vídeo, María Mariño: a flor das raparigas en sombra |
|||
Baixa a aiga, baixa,
a pita nun berro longo fuxe. delas son››.
i atopei as pegadas hoxe. Non se van nin con mal tempo, non se van con sol-quentar, non se van inda que as pisen. Por elo volvín a elas, por elo volvinas a pisar, amigos, quedando nelas tallada, quedei nelas porque son aquela terra sabia, aquela terra era. Como traballa en min! Como me dá e me quita! Como me fai e desfai! Leva a auga pró seu tallo, leva a néboa crara-escura, leva sol, leva vento, leva nebra que coxea, leva folliñas secas, leva súas pólas ca sombra, leva tronco ca raíz, leva prantas, leva montes, pinares e carballeiras, leva pedras espelladas, tamén aquelas de mofo, paredes de hedra leva, leva uces, leva toxos, leva ladeiras e prados, levas as herbiñas todas, leva mares, leva ríos, leva fontes, regueiriños a cantar, leva tempo aquel que deixa.
Terra, verba miña!
Vou atizando o teu talo ou son bafo do que el xa leva!
|
Se o contido non se abre automaticamente, fai "clic" aquí
|
Letras Galegas 2007 Volver atrás |
© 2007 Biblioteca Virtual Galega |