María Mariño
 
Ana Romaní

Verba que comenza

   
Está caendo a folla i en min nace primaveira,
Quen entenderá este mar vello?
Como digo onte sendo hoxe?
Como farto a miña verba do nacer que xa pasou!
Como reino nas migallas onde medrei un bon día!
Como piso forte sendo branda?
Como digo si si o non está escoitando?
Quen entenderá este mar vello?
Medro, medro e non sei onde parar.
Presa xa e ceguiña no cume
lévame,
lévame ó chan a verba.

Queda hoxe o chan soio
muxindo a pegada do tempo.
Mesturadas terras peneiran, peneiran fariña,
fariña que non fai masa.
Rebélanse as ondas ós mares,
os ríos afogan a pradeira seca,
os camiños non se atopan.
Quen entenderá este mar vello?
É outono i en min nace primaveira,
Quen o entenderá?
 

Se o contido non se abre automaticamente, fai "clic" aquí

De non teres instalado o Windows Media Player, necesario para ver e escoitar o contido multimedia, podes descargalo aquí.



© 2007 Biblioteca Virtual Galega