AMIGA


Ai, meu amigo,
anda o vento rifando conmigo.
Ai, miña amada,
non é o vento, que eu son quén che fala.

Ai, meu amor,
anda a i-agua a cantarme arredor.
Ai, miña amante,
¿como coidas que a i-auga che cante?

Ai, meu amado,
anda o sol a deitarme no prado.
Ai, miña amiga,
íl non é, que son eu quén che obriga.

 

 



© 2008 Biblioteca Virtual Galega