PESADELO              

A noite brúa no cancil de ferro
e o meu sono, que estaba recollido,
debátese cal cervo malferido
decontra os murallóns do seu encerro.

Fóra, me chama con urxente berro
aquila voz que eu tiña xa esquencido.
Saio tras dela... ¡Pero vou perdido
e toda a noite polos montes erro!

Logo comenza a verdecer a viña,
mentres os ourioles en bandada
regalan co seu bico a ialma miña.

Érguese o fino vento da alborada
e o sol ven sementando unha rapiña
alí onde a lúa aínda está acochada...

 

 



© 2008 Biblioteca Virtual Galega