AQUIL NENO QUE EU FUN              

Non me doi iste anceio, ista procura

de bens, que con soñalos

abonda, non me fire

a anguria do vivir que non se atopa,

nin o noxo da xente que me luxa

co soio seu ollar de can doente.

Non me inquedan as cores,

nin as tebras da noite, que resoa

con chamadas do Alén que eu soio escoito.

 

Nada xa me conmove.

O que me fire e doi, o que me inqueda,

é aquil neno que eu fun, sempre perdido.

 



© 2008 Biblioteca Virtual Galega