Obras de referencia sobre o autor



Novoneyra/Celso Emilio

[ Manuel Castelao ]

Estes dous ensaios sobre Os eidos, de Uxío Novoneyra, e Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro caracterízanse por un triplo propósito: en primeiro lugar, o afán de fidelidade ao texto, a analizalo a partir de si, a explorar as súas articulacións, a procurar a relación de máxima intimidade con el; en segundo lugar, a tentativa de pensar o texto, levado pola imaxinación teórica propia do xénero ensaístico, nun xogo de ida a volta entre a análise minuciosa e a reflexión sobre o literario; en terceiro lugar, a vontade de comunicar esa experiencia a outros, achegándoa á sociedade da que e en que os textos nacen, terefa esta máis premente cando a literatura constituíu e constitúe un lugar privilexiado na inacabábel construción da identidade de Galiza e na súa proxección universal.





Editorial. Laiovento.

Ano. 2009.

I.S.B.N. 978-84-8487-180-0.

© 2010 Biblioteca Virtual Galega