O Partido e a lingua

                                                                                                                                                                                            

 

     

     Non sólo ós responsables, membros ou simpatizantes dos chamados partidos ou grupos nacionalistas, senón que a tódolos galegos incumbe unha responsabilidade e deber tan elemental como é conservar a Lingua propia, avalado por ise sentimento universal de pertenencia a un pobo, do cal a propia Lingua é forma.

 

     En canto aos chamados grandes partidos centralistas ou estatales, a sua postura é nun caso escasamente pro galega en materia Lingüística e no outro, nin disimulada, mais ben marcadamente antigalega. O único que fai e prexudicalos a longo prazo en igual medida que lles retardan ou imposibilitan o proceso de normalización. Pois o feito de que Galicia perda identidade e diferenciación linguistica failles ós que eiquí gobernan perder poder ante o Goberno Central i o aparato do Estado. E ós que non gobernan na xunta failles perder poder no aparato central do seu partido. Por outra parte ambos teñen amplios sectores pro Lingua Galega nas súas filas, creando nestes sectores un estado de mala concencia, do que máis ou menos tarde un partido se resinte. Non é peregrino pois aventurar que a reivindicación decidida da propia Lingua beneficia a calquer partido político por canto pacifica o sentimento de culpa e atentado contra o propio que sempre é forte nun pobo como o noso de lingua amenazada ou problematizada.

 

     Según se fixo unha galeguización indudable dos medios de difusión audiovisuales dependentes da Xunta, que se faga algo parecido no campo da Educación e que o conocimento suficiente do Galego sexa unha exixencia en toda a Administración autonómica. Resultaría coherente coa proposición de Administración Única. E é factible por canto o poder do Presidente da Xunta dentro do seu partido, incluso a nivel estatal, lle permite facelo tan axiña como o decida con carácter de urxencia

    
     Todo parece apuntar a que o problema da Normalización Lingüística se solucione racionalmente. Inda que o noso semella un pobo cunha mínima concencia nacional activa, non por eso deixa de ser un pobo aínda moi enteiro. E hai que pensar que vivimos nun intre histórico no que máis que nunca os pobos clamean polo autogoberno e reivindican os seus dereitos nacionais, entre eles o respeto a sua peculiaridade lingüística, como a marca máis patente da identidade e signo do seu fondo común.

 

    

 

 

Uxío Novoneyra, nadal 1992

 

 

[Escrito para Diario de Galicia]

 



© 2010 Biblioteca Virtual Galega