vb3arturocasas2.html
Nacín na Coruña no
inverno (1958). Había uns penedos que lembro equivocadamente como colosais
(1963). Despois, a pel das reses a secar e unha cabeza de vaca que aboiaba a dez
metros do areal, sobre unha corrente de sangue que marcaba o norte. Lembro
tocala mentres nadaba, subir e ficar preso nela. Ningún recordo tan forte como
esoutra vía láctea (1969), a beleza dos teoremas (1975-1978) e un congro
(1973). Tamén a estrada (1984-2004) e a sensación de que hai un telexornal que
non remata nunca (1989 até os nosos días). O resto vén sendo teoría
da literatura.
|