Cura de Fru�me

(1698 - 1777)

 

 
Obras
Biografía
 
m1curafruime.html

     Diego Antonio Cernadas e Castro, nome de destaque entre os precursores do noso Rexurdimento, nace en Santiago de Compostela no ano 1702. Del sabemos que, tras estudar cos padres xesuítas, segue a carreira eclesiástica, acabando por se facer cargo, con vinteoito anos, da parroquia de Fruíme, moi próxima á súa vila natal. Esta circunstancia daríalle o alcume de Cura de Fruíme.
     O seu labor literario concedeulle grande sona na súa época e serviu de elo de unión con outros intelectuais do momento, como o Padre Isla, con quen mantería frecuente correspondencia. Considerado como o máis coñecido de entre os poetas da Galiza do século XVIII, a produción galega de Cernadas e Castro vai sobresaír pola súa vehemente defensa do país fronte ao desprezo do que era obxecto na altura. Nas súas quince composicións galegas, de carácter epigramático e ton vivamente polémico, o Cura de Fruíme tratará unha variada temática de circunstancias, da que son significativos títulos "Befa do río da Chanca desairado da Fonte Nova", "Estando doente dun reumatismo nun brazo regaloulle un párroco veciño seu unha perna de carneiro" ou "Copras galegas á acramazón de Don Carlos III".
     O controvertido escritor e relixioso falece en Fruíme en 1777. A súa extensísima obra sería compilada de maneira póstuma en sete volumes.

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega