vb1danielcortezon.html
Daniel Cortezón Álvarez naceu en
Ribadeo (Lugo) o 6 de febrero de 1927. A causa dos sucesivos
traslados do seu pai, que perteneceu ó Cuerpo de Carabineros,
pasou tres anos da sua nenez en Andalucía. En 1934 o seu pai foi
trasladado a Luarca (Asturias) onde os colleu a revolución de
Outono. Trasladado de novo a Luanco (Asturias) os sorprendeu alí
a guerra civil. A caída de Asturias a familia fuxiu a Francia e
o seu pai, como militar, incorporouse de novo á zona republicana
nun Reximento de Carabineros. Ó rematar a contenda voltaron a súa
nai e máis el á vila natal de Ribadeo, pasando seu pai a unha
prisión militar. A remates do ano 1939 empezou a traballar de
aprendiz nunha botica, traballo que desenrolou ata 1963, no que
se trasladou a León a traballar nunha empresa e de alí a
Madrid. No entanto comenzou a escribir e asemade colaborou na
Revista Auxiliares de Farmacia da que chegou a ser Redactor-Xefe.
A súa formación é totalmente autodidáctica.
Gracias a amizade epistolar co teórico anarquista Vicente
Martínez Rizo, iniciou a colaboración na Revista RUMBO, que
despois da guerra tiña sucedido á primitiva revista ácrata
ESTUDIOS, de Valencia. Entre os artigos pubricados entón,
caracterizados pola tendencia ensaística, podense mencionar: "La
decadencia del sentido estético"; "Sobre la estética
de Montesquieu"; "La filosofía de la historia en
Víctor Cousin"; " La estética, el arte y lo
bello"...
A súa obra, tanto en galego como en castelán, contén teatro,
narrativa, ensaio, artigos, traduccións ó galego, prólogos,
etc.
Despois de pasar abondos anos en Madrid, onde estivo en contacto
coa maior parte dos intelectuais galegos que entón residían
alí e que soían facer xuntanza no Café Gijón, retirouse de
novo á súa vila natal de Ribadeo, residindo na actualidade a
maior parte do tempo en Vigo.
|