Eva Moreda


 

Novidades
Obras
Autobiografía
 
Nacín en Vegadeo

     Nacín na Veiga (Asturias) en 1981; son licenciada en Filoloxía Clásica e Musicoloxía, cursei estudios de posgrao en Xornalismo e actualmente completo a tese de doutoramento en Historia da Música na Universidade de Londres. Vivín en Galicia, o norte de Italia, Alemaña e, actualmente, en Londres. Traballei e traballos nos eidos da comunicación, a tradución e a docencia. Empecei a publicar aos 16 anos e algunhas das miñas obras recibiron premios, entre eles, o Rúa Nova de Narracións Xuvenís, o Premio Ourense de Contos e o Premio de Narrativa Historias na Universidade da USC.
     A miña forma de entender e practicar a literatura é ecléctica, igual o que o foi ata agora a miña traxectoria vital, académica e profesional. Escribín (como narradora; a pesar de ter algúns poemas publicados, non me considero poeta) versións moi persoais do ciclo artúrico e da narrativa clásica; biografías inventadas coa historia ou a música como escusa; pseudorrealismo máxico; realismo sen maxia, ou só cunha pouca, porque á maxia nunca me apeteceu renunciar completamente. Actualmente escribo sobre a emigración e os males de lingua. Para min, a literatura é un camiño de experimentación cos materiais que nos poñen diante a imaxinación e a vida e, seguindo as palabras de Stravinsky, considérome máis artesá que artista.

[Outubro, 2008]


¿Quéreslle mandar unha mensaxe á autora?  

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega