vb3frcopilladomaior.html
A
Coruña, 1941.
Estudos:
Bacharelato, Música, Profesor EXB, Graduado Social, Declamación e Arte
Dramático, Técnico Superior en Relacións Industriais pola Universidade de
Alcalá de Henares.
Durante
dez cursos impartiu aulas no Seminario de Estudos Sociais "Ramón de la
Sagra", dependente do Colexio Universitario de A Coruña.
Fixo
crítica literaria en Radio Nacional n' A Coruña e dirixiu o espazo "A
escena e a pantalla" en Radio Coruña EAJ-41.
Publicou,
con diferentes pseudónimos, artigos, entrevistas, críticas de libros e
espectáculos en La Voz de Galicia. Con posterioridade publicou unha
serie de colaboracións no semanario A Nosa Terra e no diario O Correo
Galego.
Promotor
dos grupos de teatro O Facho (1965), Escola Dramática Galega (1978), Luís
Seoane (1980) e Elsinor Teatro (1990).
En
1965, montou, para o G.T. O Facho, un espectáculo baseado en textos de Castelao
e Luís
Pimentel. Con este espectáculo fixo a súa presentación pública o
devandito grupo teatral.
Durante
varios anos ocupou a presidencia da Escola Dramática Galega e dirixiu o seu
departamento de Estudios Teatrais.
En
1990, funda o Grupo de Teatro de Alunos da Escola de Estudos Sociais da Coruña,
que se presenta publicamente coa obra "Panchiño", de Oswaldo Dragún.
Coautor
de Textos pra o ensino do Galego, O Teatro Galego, Antoloxía
do teatro galego, Diccionário do teatro galego 1671-1985, Conversas
en Compostela con Carballo Calero e A nación incesante. Conversas con
Xosé Manuel Beiras.
Asimesmo,
é autor de numerosas traducións e versións (Nicolás Guillén, García Lorca,
Chekhov, Molière, Genet, Beckett, Strindberg ou Ghelderode.
Foi
director de Cadernos da Escola Dramática Galega, Cadernos do Espectáculo da Compañía
Luís Seoane, Colección Castrodouro-Teatro, Colección Arlequín, Edicións
Laiovento, Libros Elsinor Teatro, Cadernos de Teatro e da Revista de Teatro
Casahamlet.
Formou
parte do Consello de Redacción das seguintes publicacións; Revista
monográfica de Cultura da A. C. O Facho., Cen Augas e Don Saturio.
En
1981, recebe un premio da Aula de Teatro da Universidade de Santiago de
Compostela polo traballo sobre o Teatro de Luís Seoane, realizado en
colaboración con Manuel
Lourenzo.
En
1984, foi elixido membro da Xunta Directiva da Asociación de Escritores en
Língua Galega (AELGA) e, dous anos despois, nomeado vicepresidente da
Federación de Asociacións Culturais Galegas, e directivo da A. C. O Facho.
En
1989, acadou o Premio da Crítica polo seu labor como director dos Cadernos da
EDG.
Dirixiu,
para Radio Nacional de España, n' A Coruña, a montaxe radiofónica das obras
"Pancho de Rabade", de Álvaro das Casas, e "A Arbre", de R.
Carvalho Calero.
En
1990, foi convidado a participar como xurado na XIII Edición do Festival
Internacional de Teatro FITEI, que anualmente se celebra en Porto.
Tamén
en 1990, prepara para edicións Laiovento a "selección e notas" do
libro Prosas de Combate e Maldicer, de Xosé Manuel Beiras, editado en
1991.
En
1993, recebe o Premio Compostela de Honra polos Cadernos de Escola Dramática
Galega.
Colabora
coa Asociación de Solidariedade Galego-Cubana "Curros Enríquez" e
publica a tradución do libro Un grao de millo, Conversa de Fidel Castro con
Tomás Borge.
Membro
do Consello da Colección Teatro nas Aulas, patrocinada pola Asociación
Socio-Pedagóxica Galega. 1995.
Dirixe, para o
G.T. Luzada, O oso, de A. Chekhov.
|