vb1joandecangas.html
Joan
de Cangas parece ser orixinario, como suxere o seu nome, da vila
pontevedresa de Cangas do Morrazo. Apoian o argumento da súa
naturalidade galega máis dous feitos: as referencias nas súas
cantigas ao Santuario de San Mamede do Mar (tal vez o de San
Amedio, situado en Bon, Bueu) e a ubicación das súas
composicións entre as de Golparro e Martim de Ginzo, xograres
galegos.
A produción da que se ten noticia
(datada por volta do último cuarto do séc. XIII e inicios do
séc. XIV) redúcese a tres cantigas de amigo con temática de
romaxe, mais todo indica que a nómina das súas composicións
debeu de ser máis extensa.
A Joan de Cangas foi dedicado o
Día das Letras Galegas de 1998 xunto con outros dous trovadores
medievais, Meendinho e
Martin
Codax.
|