vb1manuelrivas.html
Manuel Rivas (A Coruña, 1957).
Escritor e xornalista. Colabora desde a súa adolescencia en
diversos medios de comunicación. Como poeta publicou as
seguintes obras: Libro do Entroido (1979); Anisia e
outras sombras (1981), en colaboración con Xavier
Seoane; Balada
nas praias do Oeste (1985); Mohicania (1987); Ningún
cisne (1989), Premio Leliadoura; Costa da morte,
blues (1994); esta obra está recollida na antoloxía O
pobo da noite (1996). Como ensaísta publicou Galicia,
el bonsai atlántico (1989), No mellor país do mundo
(1991), Toxos e flores (1992) e El periodismo es un
cuento (1998). A súa obra narrativa composta de novelas,
novelas curtas e relatos breves está formada polos seguintes
títulos: Todo ben (1985); Un millón de
vacas (1989), Premio da Crítica Española, 1990; Os
comedores de patacas (1991); En salvaxe compaña
(1994), Premio da Crítica; ¿Que me queres, amor?
(1995), Premio Torrente Ballester de Narrativa e Premio Nacional
de Narrativa 1996; O lapis do carpinteiro (1998), Premio
da Crítica Española, Premio da Asociación de Escritores en
Lingua Galega e Premio Arcebispo Xoán de San Clemente; Ela,
maldita alma (1999); A man dos paíños (2000).
Como narrador, está traducido a diversas linguas.
|