vb1meendinho.html
A
figura de Meendinho, como a de tantos outros trobadores
medievais, está rodeada de misterio. Porén, parece probábel
que fose orixinario da ría de Vigo a xulgar pola única cantiga
del conservada, que xira á volta da Illa de San Simón. Así
mesmo, o seu nome (tal vez Men, Meen ou Mendo) é un antropónimo
ligado á zona sul da Galiza; en Pontevedra houbo unha rúa
denominada "dos Meendinos" e mesmo en Quintela
(Redondela) existe un lugar que recebe o nome de O Mendo, desde
onde se pode albiscar a Illa de San Simón.
A súa condición de xograr parece
estar apuntada polo facto de aparecer o seu nome sen a compañía
dun apelido. O diminutivo suxere aínda unha posíbel orixe
humilde.
A composición que de Mendinho se
conserva (datada a finais do séc. XIII ou principios de XIV)
vén sendo considerada unanimemente pola crítica como unha das
cantigas de amigo máis relevantes da literatura
galego-portuguesa. Encóntrase no Cancioneiro da Vaticana e no da
Biblioteca Nacional de Lisboa.
O Día das Letras de 1998 estivo
dedicado a este xograr e a outras dúas destacadas figuras da
nosa lírica medieval, Martin Codax e
Joan de
Cangas.
|